Monday 06 de May de 2024

O Santuario da Barca acolle a presentación acordo entre o Concello e a ONCE polo cal este símbolo do municipio será imaxe de 5,5 millóns de cupóns


Ao acto acudiron o alcalde, Iago Toba; o primeiro tenente de alcalde, Javier Romar; a segunda tenente de alcalde, Olalla Benlloch; o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez e o delegado da ONCE en Santiago de Compostela, José Antonio Riveiro

O Concello de Muxía e a ONCE veñen de pechar o acordo mediante o cal se acordou que o Santuario da Virxe da Barca, que será imaxe de 5,5 millóns de cupóns da ONCE e que sairá o martes 8 de setembro.
Hoxe, na contorna deste emblemático emprazamento muxián, tivo lugar a presentación oficial. Ante a suspensión dos eventos relacionados coa Romaría da Virxe da Barca, en consecuencia coa incidencia da COVID-19, que o Santuario forme parte deste cupón será ‘unha lembranza de por vida para todas as persoas que adquiran os cupóns’, sinalaba o alcalde, Iago Toba.
Ao acto acudiron o rexedor muxián, ao que acompañaron o primeiro tenente de alcalde, Javier Romar; o segundo tenente de alcalde, Olalla Benlloch; o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez e o delegado da ONCE en Santiago de Compostela, José Antonio Riveiro. O Cupón Diario da ONCE ofrece 55 premios ás cinco cifras. Son comercializados polos 20.000 axentes vendedores e tamén se poden adquirir no seu sitio web.
O alcalde, Iago Toba, subliñou que ‘o orgullo e sentimento que lle produce a un muxián ou muxiana ter entre as súas mans o tan familiar cupon da ONCE, e contemplar nel un dos seus tesouros, é indescriptible’, comentou o rexedor. Polo tanto, rematou ‘quero darvos as gracias a vostede, Manuel Martínez, e a todos os membros da ONCE, que nos destes a oportunidade de vivir o que hoxe estamos a
sentir aquí’, rematou.
Pola súa banda, Manuel Martínez, delegado da ONCE en Santiago de Compostela, destacou que ‘estamos encantados desde esta organización tan singular para a economía do noso país levar un punto tamén moi singular desta xeografía galega’, anotou Martínez.